Stirpes  

Go Back   Stirpes > Ethnic Forums > Gens Romana > Ibero-Romance

Ibero-Romance Asturianu, Auvernhat, Castellano, Català, Ehtremeñu, Fala De Xálima, Galego, Gascon, Lemosin, Lengadocian, Mirandês, Provençal, Português, etc.

Reply
 
Thread Tools Display Modes
  #1 (permalink)     Quote this post in a PM
Old Thursday, January 13th, 2005
Inactive Member
 
Last Online: Thursday, January 25th, 2007 12:28
Join Date: Dec 2004
Posts: 4,353
Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.
Default A importancia da auga, aire e lume na cultura galega

A importancia da auga para os galegos procede de tempos moi remotos e ten un culto que se pode cualificar de tradicional e xeral, sen dúbida polas súas condicións creadoras e fecundantes. Para os nosos aldeáns as augas son salutíferas, beneficiosas, prolíficas e ata sandadoras. Xa no século IV da nosa era o campesiño galego facía as súas ofrendas de pan e viño ás fontes.



O respecto que as augas perennes inspiran ás xentes do país é un resto do antigo culto que as cría poboadas de seres sobrenaturais ou espíritos, entre os que figuran as virxes, as doncelas, as damas e as lavandeiras. Estas, segundo un vello romance galego, gozaban do privilexio de que cando o día de San Xoán collesen no pico unha pinga de auga e a deixasen caer sobre una moza que se bañase antes de saí-lo sol, sería feliz.
A auga está moi presente nas cantigas populares, nos romances, nas tradicións e lendas vencelladas a moitas delas.
A auga percíbese de distinta maneira: pode ser a auga de arriba, a de abaixo e a auga bendita.

AUGA DE ARRIBA

É a auga da chuvia procedente das nubes que cargan o líquido nos ríos. Teñen poder sobre esta auga os nuboeiros e os tronantes ou patróns dos tronos. Os nuboeiros descríbense como trasnos ou espíritos malignos que habitan os aires e ós que a mitoloxía galega lles atribúe o poder de xerar tempestades e dirixir raios.
Uns e outros deixan caer chuvias ou desencadean tormentas cando,onde e como queiran. Os galegos poden adiviñar se vai chover ou escampar. A chuvia é boa ou mala segundo o momento e a época do ano.
Organizábanse rogativas para pedirlle a un santo que chova ou deixe de chover. As tormentas páranse tocando as campás da parroquia e sacando santos protectores ás ventás das casas. Prende-la vela da Candeloria nas ventás e queimar follas de loureiro benditas do domingo de Ramos tamén protexe das tormentas; o loureiro crece no perímetro da horta como árbore protectora.
Se a tormenta se forma ó outro lado do río non hai nada que temer, pois a serpe está nel gardando os límites, que nin as tormentas nin as ánimas poden atravesar. Para librarse do trono debían esconxuralo un ou tres sacerdotes; durante o rito, os nuboeiros debían ir a montes ermos.

AUGA DE ABAIXO

Acreditan un antigo culto ás augas divindades acuáticas como Edovius, Reva, Bormánico ou Conventina.
A auga da fonte da aldea reunía as mulleres, que ían buscala e se daban as noticias que circulaban na comunidade. Nos pozos ou estanques bebe o gando, coa auga réganse as leiras próximas á aldea por quendas establecidas desde antigo.
Nas augas do río as mulleres lavaban a roupa e desfacíanse da sucidade, pero non podían regar con elas as leiras do espacio interior da aldea.

AUGA BENDITA

A auga para bendicir cóllese das fontes , pero despois de bendita pertence a categoría distinta á de arriba ou á de abaixo. Levábase á casa unha botella de auga bendita despois dos oficios de sábado santo, que incluía o rito da bendición da auga na igrexa parroquial. Tíñase moita fe na auga bendita e utilizábase durante o ano para bendicir e purifica-la casa e as cortes, as persoas e os animais; para as rogativas e despois da morte dun animal ou dunha persoa. Antes de facer entrar na corte un animal comprado tamén se esparexía con auga bendita. Incluso algunhas persoas levaban consigo auga bendita para protexerse do demo ou dos malos espíritos.

Reply With Quote
  #2 (permalink)     Quote this post in a PM
Old Thursday, January 13th, 2005
Inactive Member
 
Last Online: Thursday, January 25th, 2007 12:28
Join Date: Dec 2004
Posts: 4,353
Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.
Default Re: A importancia da auga, aire e lume na cultura galega

Un elemento importante para os galegos é o aire. Pódese ser alento, cando vén de dentro, aire de casa e aire de fóra. O aire contén forzas misteriosas e influencias daniñas; non ten forma concreta. Os remuíños de aire son máxicos e sempre perigosos. Evítase exporse a correntes de aire.
Unhas veces os aires malignos son una especie de exhalación de determinadas persoas: aire de morto, de excomungado ou de certos animais: aire de sapo, de toupa ou de píntega. Non son aires propiamente, senón influencia maléfica que se transmite por el. Confúndense coas sombras, de persoas ou animais, que asombran.Outras veces confúndense coas correntes naturais de aire, que rompen e derruban cousas. Certas correntes naturais de aire poden seca-las terras, os froitos, deixar á xente sen ánimo ou producir certas enfermidades: catarro, lumbago, parálise…

Aire de dentro
Para os antigos habitantes de Galicia, os cabalos eran fillos do vento e dunha egua, fecundada por aquel. Para os indoeuropeos, o cabalo era o vehículo da alma, que levaba as almas dos mortos ó recinto das sombras; pero era tamén fonte de vida, como Pegaso, e atraía á terra a luz que anima e vivifica tódolos seres e tódalas cousas.Esta relación vento-cabalo e cabalo-alma confírmano-la relación vento-alma-outro mundo. As casas antigas da Galicia oriental tiñan poucas ventás e, ademais, reducidas. Sen nega-las razóns climáticas, quizais foron feitas coa intención e protexe-lo aire de dentro contra o aire de fóra. O primeiro está habitado pola xente da casa e polas almas dos antepasados; o de fóra, por outros seres que poden ser perigosos.

O alento é a vida, no momento da morte dunha persoa debían cubrirse os espellos da casa para que o alento non quedase pegado e o defunto non vagase para sempre.
O respecto polos aforcados explícase por ser un morto cos espíritos dentro, xa que o alento non puido saír do seu corpo.
As máscaras do entroido golpeaban con vexigas de porco inchadas ás mulleres casadas sen descendencia, quizais porque o aire é fecundante.

Aire de fóra
Os malos espíritos e as bruxas habitan no aire de fóra, están no aire os nubeiros ou seres que producen e controlan a chuvia, hai que pechar ventás e ata tapa-los buratos das pechaduras.
As persoas -vivas ou mortas- poden botar malos aires. Os nenos poden colle-lo aire dun defunto se entran no cuarto do cadáver ou lles "toca" a sombra da caixa o día do enterro.
Os animais tamén poden bota-lo aire: é perigoso o aire de sapo, da serpe cando voa cara a un río ou das femias en celo de certas especies. Os aires son os espíritos perigosos que habitan o aire exterior.
Reply With Quote
  #3 (permalink)     Quote this post in a PM
Old Thursday, January 13th, 2005
Inactive Member
 
Last Online: Thursday, January 25th, 2007 12:28
Join Date: Dec 2004
Posts: 4,353
Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.
Default Re: A importancia da auga, aire e lume na cultura galega

O lume ocupa un lugar moi importante na cultura galega. Foi o protagonista en moitas cerimonias que funden quizais as súas raíces na prehistoria. Ten un carácter sagrado.
Antigamente o lume debía permanecer prendido todo o ano no lar, procedía do lume da igrexa parroquial prendido o sábado santo á noitiña. O lume presidía as veladas das noites de inverno, a onde podían acudir tamén as almas dos mortos a través da cheminea, momento que se apreciaba nos lixeiros movementos das chamas. Por iso non se podía varre-la cociña cara á fóra, nin cuspir no lume. Debía permanecer aceso a noite do velorio dun cadáver. Prendíanse velas ou lámpadas de aceite na mesa de noite de enfermos graves.



A candela traída da igrexa o día da Candeloria (2 de febreiro) prendíase para espanta-las tormentas e para encomenda-la alma dun agonizante. Con tormentas fortes prendíase o lume e queimábanse follas de loureiro, que é árbore protectora.
En moitas comarcas de Galicia, a noite do 29 de abril ó 1 de maio invocábase o lume recitando himnos para que protexese as sementeiras e dese froito abundante, ó tempo que se esparexían cinzas arredor das leiras e se portaban na man feixes de palla de centeo -fachicos- prendidos.
Na petición de voda o noivo era recibido no lar da casa da noiva co lume prendido. O día da voda, antes de entrar na casa dos pais do marido, collía este á muller no colo na porta e levábaa ata o lar, onde estaba o lume prendido, para que os sogros lle desen a benvida e lle ofrecesen a casa á nora.
Prendíase lume no curral en caso de morte ou de enfermidade dun animal. Na Candeloria prendíase ó lado dun romeiro tantas velas coma nenos morreran sen bautizar, o romeiro é planta funeraria, que atrae as abellas, que son almas procedentes da lúa. Tamén se acendía na horta no momento de enterrar un animal e en días sucesivos. O lume é bo para escorrenta-los animais que devoran as colleitas.
A crenza no lume de san Telmo supón que é unha aparición milagrosa que anuncia bonanza. Os lumes fatuos son almas ouveantes dos mortos. A Santa Compaña tamén porta velas prendidas.
Habitualmente, prohíbeselles ós nenos xogar con lume por ser perigoso, sen embargo, permitíaselles xogar co lume de certas festas cíclicas: magosto , enterro da sardiña (celebración para concluí-lo entroido e inicia- la coresma) ou San Xoán.
Nas aldeas hai dous lumes moi importantes: no primeiro período nos días de defuntos-magosto e entroido; no segundo período, o lume de San Pedro Mártir (1 de maio) e o de San Xoán, sen dúbida o máis importante.
O lume de sábado santo é o lume novo, orixe de tódolos lumes, xa que representa a Cristo resucitado, aínda que sobre aquel existan adherencias pagás alleas ó cristianismo.
Os momentos fortes do primeiro período son propicios á circulación e comunicación entre os dous aspectos do mundo. Os tempos fortes do segundo período son privilexiados para a convivencia entre ámbolos mundos xa que atraen sobre os vivos a protección dos antepasados.
Reply With Quote
  #4 (permalink)     Quote this post in a PM
Old Thursday, January 13th, 2005
Inactive Member
 
Last Online: Thursday, January 25th, 2007 12:28
Join Date: Dec 2004
Posts: 4,353
Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.Faísca 's wisdom is legendary.
Default Re: A importancia da auga, aire e lume na cultura galega

Fonte: Galicia 2001: Etnografía Espiritual, Xunta de Galicia.
20-Decembro-2001
Reply With Quote
Reply

Bookmarks


Currently Active Users Viewing This Thread: 1 (0 members and 1 guests)
 
Thread Tools
Display Modes

Posting Rules
You may not post new threads
You may not post replies
You may not post attachments
You may not edit your posts

BB code is On
Smilies are On
[IMG] code is On
HTML code is Off
Trackbacks are Off
Pingbacks are Off
Refbacks are Off

Similar Threads
Thread Thread Starter Forum Replies Last Post
Hrvatska povijest Marcus Marulus South 8 Wednesday, June 18th, 2008 19:51
Više od slova Vojvoda South 1 Friday, February 1st, 2008 17:31
Autohtonost Hrvata? Marcus Marulus South 10 Monday, March 19th, 2007 12:29
An Ghaeilge i dTuaisceart na hÉireann Milesian Goidelic 0 Tuesday, January 10th, 2006 11:12
Srbska istorija broj 1 Vojvoda South 2 Friday, January 14th, 2005 00:29

Locations of visitors to this page

Stirpes Stats

All times are GMT. The time now is 04:20.

Page generated in 0.3640490 seconds with 18 queries.


Powered by vBulletin® Version 3.7.3
Copyright ©2000 - 2008, Jelsoft Enterprises Ltd.
Search Engine Optimization by vBSEO 3.1.0